Tramo 3 (Zuazua - Higueras) (0)

Posted 23 Marzo, 2009 in Cicloturismo

Ao final do pobo de Zuazua comeza a estrada que me levará ata Higueras. Eu non o sabía, pero este camiño atópase en moi boas condicións e casi non hay tráfico. Nembargantes, atopei algúns inconvenientes: é casi todo costa arriba e hay bastantes vacas pacendo na beira da estrada, asi que teño que ir con un pouco de cuidado.

Preto das duas da tarde, chego a Higueras. Leveino con calma durante o traxecto, parando a tomar fotos e a disfrutar da paisaxe. A medida que vou subindo ata este pobo, vai facendo mais frío, pero por sorte, dende que saín de San Nicolás, non atopei choiva. Isto cambiou no intre que me sentei na entrada do pobo a descansar un pouco. Faltábanme so catro kilómetros pra chegar a La Laguna, e nese intre comenzaron a caer gotas de auga, predecindo o inevitable. Non tiven mais remedio que montar de novo na bicicleta e seguir camiño, nun intento de ganarlle terreo á choiva. Nin que decir que non o conseguín.

Ao camiño que vai ata La Laguna aquí chámanlle de terracería (ousexa, de pedras e terra). Chovendo non e transitable pra un coche normaliño, ainda que sí pasan camionetas e jeeps. A dous kilómetros da estrada principal, teño que atravesar un río (pola ponte, claro) e despois seguir entre a lama ata a lagoa, donde fica a miña viaxe. O lugar e bonito. Ten árbores, camiños, auga, patos e durante a noite recibes a visita de cabalos e vacas que pacen ó derredor da tenda de campaña, cagándose, berreando e tocando o carallo cos cencerros. Pero supoño que iso forma parte da aventura asi que, o millor e non queixarse.

Non se pode dicir que pasei moi boa noite, debido ó que dixen con anterioridade dos animais. A miña teoría e que éstes buscan estar preto da xente cando cae a noite, xa que na Laguna hay duas casas e ten iluminación pública. Nos montes de por aquí hay depredadores (oso negro e puma) asi que penso que, ainda que é improvable que ataquen a xente, non é tan improvable que ataquen a estes animais, e como o medo e libre, pois estes achéganse preto da humanidade. Isto é a miña teoría, mais non sei se estarei certo con ela.

Ben, pois isto e todo polo momento. A viaxe de volta a San Nicolás tamén foi na bicicleta. As subidas do día anterior convertíronse en baixadas, non oubo choiva e todo saíu moi ben. Xa estou pensando na seguinte aventura que, posiblemente sexa a La Hacienda del Muerto, en Mina, N.L. O mais seguro é que vaia camiñando xa que, unha parte do recorrido (ata Icamole) xa o fixen na bicicleta cando fun a Cuatrociénegas, asi que non me apetece repetir. Pero xa veremos ao final qué fago.

Deica logo.

Tramo 2 (Aguafria - Zuazua) (0)

Posted 19 Marzo, 2009 in Cicloturismo

A estrada entre Aguafría e Zuazua está bastante ben, pero ten un gran problema: Non hay arcén. Isto e o que convirte a veces ao cicloturismo nun deporte extremo, sobre todo se temos en conta que cada pouco tempo adiantanche camións, trailers e autobuses. Se a isto lle engadimos que estou en México, o deporte da bicicleta convírtese en algo quizáis mais perigoso que o paracaidismo ou o parapente. Ben, o tramo dous fíxeno axiña, parando bastantes veces pra tomar fotos e deixar que o tráfico fora disminuíndo. O frío continúa acompañándome e ten pinta de que vai chover. Na entrada do pobo fago un alto pra tomar un descanso, comprar un Gatorade e uns boliños de chocolate. Ese será o meu almorzo.

Aproveito pra preguntarlle a un nacho pola estrada entre Zuazua e Higueras. Indícame que vaia ata a praza principal do pobo e que ahi empeza o camiño. Dime que casi todo e costa, pero que o camiño está asfaltado e que casi non hay tráfico. A distancia que separa a Zuazua de Higueras é duns 14 kilómetros. Teño esta alternativa, ou facer uns 30 km mais índome por Marín. Escollo a primeira opción e pedaleo ata a praza, donde paro durante casi cuarenta e cinco minutos pra descansar ben descansado e sacar fotos. O pobo de Zuazua vese tranquilo, coma casi todo-los pobos que non forman parte da área metropolitana de Monterrey.

Sigue facendo frío, pero neste intre xa so me quedan 14 km pra chegar a Higueras, e unha vez alí, uns catro pra coñecer, por fin La Laguna. Este é o meu careto minutos antes de continua-la viaxe por unha estrada descoñecida pra min, e que me sorprendería pola cantidade de vacas que atopei atravesándoa dun lado a outro, pero iso xa é outra historia.

Deica logo.

 

Tramo 1 (San Nicolás - Aguafria) (0)

Posted 17 Marzo, 2009 in Cicloturismo

Era sábado pola mañá. O reloxio marcaba as oito e media cando saín da casa e ollei o ceo. Estaba cuberto de nubes e facía frío, pero non chovía. Saquei a bicicleta da casa e comencei a darlle aos pedais rumbo a  Av. Santo Domingo. Non había moito tráfico asi que foi bastante doado chegar ata o Mezquital, xa no concello de Apodaca. Alí, ainda non sei moi ben de donde, saíu un can a toda hostia ladrandolle a bicicleta (ou quizáis a min). Non entendo por qué a os cans lles gusta ladrarlle as bicicletas, pero a min non me gusta nadiña, asi que pra a próxima teño que ve-la forma de que cando me pase iso, poder desfacerme do can rapidamente. Despois duns cantos metros, o can pereceu cansarse e voltou ao seu recuncho. Eu seguía camiño rumbo a estrada dos panteóns (Cemiterios) pra saír despois ao pobo de Apodaca e coller a estrada hacia Aguafría. Tardei pouco mais dunha hora en facer todo o percorrido. Cando deixei atrás a cidade, notei un cambio brusco na temperatura. Xa non tiña o respaldo das casas, asi que penso que esta baixou uns tres ou catro grados. Eu xa ía quente e sudando, ainda que non moito, por sorte. Gustoume o tramo de catro ou cinco kilómetros entre Apodaca e Aguafria. A estrada estivo bastante tranquila de coches e a paisaxe comezou a voltarse verde. O camiño é cha e non hay, polo tanto, subidas nen baixadas. En Aguafría fixen unha parada pra descansar e tomar unhas cantas fotografías. Senteime na praza principal e despois fun ata o río. Quizáis perdín uns cuarenta e cinco minutos alí, pero gustaronme as fotos que fixen. A seguinte tirada ía ser entre Aguafría e Gral. Zuazua.

 

 

Viaxe en bicicleta a Higueras, N.L. (0)

Posted 16 Marzo, 2009 in Cicloturismo

Xa fai tempo que quería facer esta viaxe. Neste caso non tiven que planear moito, pois coñecía o pobo en cuestión, mais non “La Laguna”, que está a uns catro kilómetros da cabeceira do concello. O luns 16 e festivo en México, asi que tendo un fin de semana de tres días, decidín que era a oportunidade perfecta pra subirme a bicicleta e facer uns cantos kilómetros. Dacordo cunha guía que encontrei en internet, Higueras encóntrase a uns 60 km da área metropolitana de Monterrey, asi que prepareime con todo o necesario pra recorre-la distancia, pasa-la noite en “La Laguna” e voltar pra cidade ao día seguinte. A idea era saír o sábado cedo e regresar o domingo. De este xeito ainda me quedaría o luns pra descansar. Consultei un mapa e tracei a ruta da viaxe en tres tramos: 1) San Nicolás de los Garza - Agua Fría, 2) Agua Fría - General Zuazua, 3) General Zuazua - Higueras. A idea era coller unha estrada desde Zuazua ata Higueras sin pasar polo concello de Marín, xa que iso faríame dar mais volta. No mapa viña trazada unha estrada que conecta directamente Zuazua con Higueras, pero eu nunca fun por ela, asi que decidín que esa estrada sería o tramo final da aventura. Durante a semana choveu bastante, asi que o único que me impediría saír o sábado cedo sería precisamente a choiva pero, por sorte, isto non sucedeu así. Nembargantes, tiven choiva polo camiño; non moita, pero suficiente como pra mollarme bastante. Por sorte, cando isto sucedeu, xa estaba preto de “La Laguna”. Nos seguintes artigos, irei narrando o mais significativo da viaxe, seguramente contando os detalles de cada tramo. Agora, estou algo cansado, asi que, aquí morre esta nota. Estade pendientes das que veñen e, coma sempre, deixade os comentarios que vos parezan oportunos.

Deica logo.

P.D.: As fotos xa están na sección de Fotos. Espero que vos gusten.

Multimedia (0)

Posted 22 Febreiro, 2009 in Cicloturismo

Fixen un experimento con algunhas fotos da viaxe a Cuatrociénegas. Definitivamente a calidade non e boa, pero Youtube so permite arquivos de 10 minutos de duración, asi que tiven que depurar algunhas imaxes. Por outro lado, o arquivo de vídeo resultante non pode ser moi pesado en canto a MB, xa que canto mais pesado sexa, mais tarda en subir ao servidor de Youtube, asi que tiven que facer un pequeniño co seguinte resultado:

O arquivo orixial ten unha calidade de carallo e xa o teño gardado nun DVD pra velo na televisión. Ben, pois so queda dicir que a música e de Luar na Lubre, que por certo, tamén me acompañou na viaxe, entre outras bandas.

Ta lojo.

Turismo en Cuatrociénegas II (Final) (0)

Posted 10 Febreiro, 2009 in Cicloturismo

Levanteime cedo, pra variar :D Pola mañá fun ata a Poza Azul, ó Centro de Información. Alí tiña que haber un guía que explicaría paso por paso o proceso de formación das dunas de yeso, como así foi. Fumos ata as dunas, donde saquei bastantes fotografías. Puiden apreciar rastros dun felino, polas marcas que deixou na area branca, ainda que non sei dicir si se trataba dun gato montés ou dun puma (polo tamaño, quizais fora o primeiro). De regreso e xa preto da estrada principal, o guía dixo que debaixo dunhas pedras que había na beira do camiño de terra, había moitos alacráns. Separamos unhas cantas pedras do chan, e apareceu o primeiro, mesmo que foi retratado, mais non morto.

cuatrocienegas_075

cuatrocienegas_112

A media maná fun ata o río Mezquites. Neste río está permitido bañarse, mais non pescar. Alí hay unhas palapas e uns asadores pra facer carne e, según me dixeron, tamén se pode acampar. Nesa parte encontreime cun italiano e un holandés que tamén andaban coñecendo o lugar. E curioso que os peixes se acheguen a un, coma se soupesen que nadie os vai pescar. Ahí puiden retratalos bastante ben, xunto a unha formiga do deserto que andaba a buscar comida.

cuatrocienegas_099

cuatrocienegas_094

Pola tarde visitei a casa donde naceu Venustiano Carranza (xa falei del con anterioridade). A casa é un museo, e ten bastantes fotografías da época da revolución. Soamente permiten facer fotos en áreas abertas, asi que, non puiden tomar nengunha no interior da casa (millor dito, case nengunha) :)

cuatrocienegas_109

casavenustiano

Cando saín dalí fun a unhas bodegas donde fan viño. Explícanche todo o proceso de elaboración do viño e danche unhas probadas dos productos que fan. Mais por obrigación que por gusto, comprei unhas botellas en cada unha das vitivinícolas, ainda que o viño e doce e non me sabe moito. Ousexa, nada que ver cun bo Ribera del Duero.

cuatrocienegas_102

Xa era un pouco tarde cando acabei de visita-las bodegas. Quixen ir ó Acuario-Herpetario que hay no pobo pero encontrábase pechado. Parece ser que ahí teñen exemplares dos animais mais significativos da zoa, incluídas serpes e lagartos, pero non puido ser, que lle imos facer.

Pois isto foi todo o que vin, mais non todo o que retratei. Na sección de Imaxes podedes ver boa parte das fotos que fixen, tanto da viaxe na bicicleta coma da turisteada en Cuatrociénegas. As duas cousas estiveron ben. Entretívenme e descansei, que xa me facía falta. Se queredes deixar algún comentario, tanto nos artigos coma nas fotos, podedes facelo con toda confianza e se queredes algunha foto no seu tamaño orixial, podedes pedila. O meu correo está na sección de Contacto.

Ata a próxima.

Turismo en Cuatrociénegas I (4)

Posted 9 Febreiro, 2009 in Cicloturismo

O pobo de Cuatrociénegas e tranquilo, coma case todo-los pobos pequenos. Despois de catro días de viaxe durmindo na tenda de campaña, a cama do hotel fíxome durmir coma un reloj. Levanteime cedo, descansado e con ganas de coñece-los arredores. Pola mañá fai frío, asi que teño que sair abrigado. O primeiro e almorzar algo quente. Un café e algo de comer sentarame ben, asi que sallo á praza principal donde hay varios restaurantes e entro nun deles. Pido un café con leite e uns ovos con chourizo. Tras ficar de almorzar vou ata a oficina de información turística, onde me informan da ubicación das pozas e me facilitan un mapa pra chegar. Vou de volta ó hotel, collo a bicicleta e sallo rumbo a Las Playitas, a poza mais grande e a que mais preto queda do pobo (a uns 13 km). Esta poza está clausurada pero todo o mundo me di que non hay problema en darlle unha volta e tomar unhas fotos.

playitas

Tras saca-las fotos e disfrutar da paisaxe uns cantos minutos, vou de volta ao pobo. Agora o frío da mañá desapareceu por completo e o sol queima de carallo. Durante o regreso, vin uns cabalos ao lonxe. Non sei se son bravos ou os deixaron ahí pra que paceran. Na foto sairon mais lonxe do que esperaba e quizáis non se cheguen a apreciar moi ben, pero ahí estan.

cabalos

Xa pola tarde fun ata a Poza Azul. Esta está situada na estrada que vai a Torreón, na beira da mesma. Ten un mirador de madeira donde te podes subir e ve-la poza desde o alto. Ahí non se pode pescar nin nadar. Cando cheguei había unha nacha mirando. Díxome que era de Austria e que viaxaba soa. Agora andaba por Mexico pero quería chegar ata Panamá. O seu nome é Anna. Retratámonos por aquilo de que coincidimos dous da Unión Europea. A unha beira da Poza Azul, está a Poza das Tartarugas, pero non se ve nada porque estes animais están hibernando.

ayo

pozaazul

Regresei ao pobo e fun comer uns tacos de carne asada que, por certo, estaban bastante bos. Despois fun pra o hotel e púxenme a ver un pouco a televisión. Alí entereime de que os Steelers gañaron o Super Bowl. ¡Merda! Eu prefería que gañaran os de Arizona.

Deiteime cedo. Ó día seguinte tiña que visitar o Río Mezquites e as Dunas de yeso e, se quedaba tempo, ir ó Museo de Venustiano Carranza e ás bodegas de viño.

Día 4 - 84 km aprox. (0)

Posted 8 Febreiro, 2009 in Cicloturismo

Durmín coma un leirón. Quizais esta foi a mellor noite que pasei desde que saín de Monterrey. Non despertei en toda a noite, a pesar do frío que facía. O saco de durmir aguanta ata -4º C, pero ainda así durmín co chaquetón posto. Levanteime a iso das seis e media da mañá, almorcei o de costume e recollín todo. Ás sete e cuarto xa estaba de novo na estrada dándolle ao pedal rumbo a Cd. Castaños. O vento seguía ao meu favor e o avance deuse rápido.

Cheguei a Castaños, preto de Monclova, a iso das doce e media ou unha menos cuarto. Nada mais chegar, pincharonse as duas rodas. Levaba comigo un spray reparador, pero que non me servíu de moito. Na roda de atrás contei catorce pinchazos e na de diante, dous. O motivo foi que sin darme conta pasei por riba dunhas plantas que lles chaman cadillos. Estas plantas fican nunha bola pequeniña, moi dura e con espiñas. Tiven que cambia-la cámara da roda traseira e na de diante, aplicar dous parches.

hpim0193

Mentras amañaba as rodas, chegou xunta min un nacho que tamén ía en bicicleta. Estivemos falando sobre a miña viaxe e sobre o destino final. Este home aforroume uns cuarenta e cinco kilómetros de estrada. Contoume que o seu fillo sae os fins de semana a facer rutas na bicicleta e que, pra evita-lo tráfico colle camiños de terra, pero que son perfectamente transitables pra unha bicicleta. Díxome que se non quería rodear ata San Buenaventura, Nadadores e Sacramento, que fora polo Libramiento e que a altura das vías do tren, collera o camiño que alí hay, e que seguindo esa ruta dereita, ía saír a uns cinco ou seis kilómetros antes da entrada a Cuatrociénegas. A idea pareceume atractiva, sobre todo por aforrar kilómetros (a mitade). Tardei uns 45 minutos en ter as rodas listas de novo. Agradecinlle ao vello a información e collín o Libramiento ata que vin as vias do tren e o camiño que me indicou o nacho. O camiño non era moi bo, pero decidín facer esa ruta, da cal non me arrepentín.

aceros

camino

Preto das seis da tarde cheguei a Cuatrociénegas. Ainda era de día, pero a este xa lle quedaba pouco. Cheirando a castrón pero co soriso nos beizos por consegui-la meta proposta, fun na búsqueda dun hotel no que poder bañarme e descansar. O pobo e pequeno asi que, a un lado da praza principal, atopei o hotel Misión Marielena, barato e con boa pinta. Alí pasaría tres noites.

hotel

Día 3 - 137 km aprox. (0)

Posted 8 Febreiro, 2009 in Cicloturismo

Despertei as cinco e media da mañá. Ainda é de noite, asi que, sin sair da tenda, almorzo unhas barras de cereais e unha bolsa de arroz inflado con chocolate. Carbohidratos e azúcar pra o corpo, que con seguridade, vounos necesitar. A iso das seis e media vou pra fora da tenda. Fai un frío de carallo, pero xa está saíndo o sol e non quero perder moito tempo. En media hora teño todo recollido e posto no seu lugar. Vou camiñando amodo rumbo a estrada e uns minutos despois comezo a darlle aos pedais rumbo a Fraustro.

hpim0182

Non atopei con ningún vehículo ata que cheguei a Fraustro. Este nome non sei de donde carallo o sacaron, porque o nome oficial e San Ignacio. Eu non o sabía e entereime cando, no pobo, parei a comprar auga. A sorpresa agradable da que falei con anterioridade foi que na misma tenda dixeronme que a 1 km xa comezaba a estrada Saltillo-Monclova, cando eu estaba mentalizado que ainda me faltaban trinta e pico de kilómetros pra chegar, segundo as indicacións do nacho dos polos donde comín o día anterior. Era cedo ainda, asi que sabía que pra chegar a Monclova faltábanme uns cento cuarenta kilómetros, asi que nese intre decidín non parar na Hda. Guadalupe e seguir dereito rumbo a Monclova. Agora o camiño sería con subidas e baixadas e co vento a favor. Isto axudaríame a percorrer bastantes kilómetros, como asi foi.

hpim0184

hpim0186

Decidín non parar a tomar moitas fotografías da estrada Saltillo-Monclova, xa que é unha estrada convencional, e agora tiña que ir mais pendiente do tráfico. Por outro lado, tampouco quería perde-lo tempo, sobre todo porque este día ía ser definitivo pra poder avanzar o que non fixen o día de onte, asi que púxenme a darlle aos pedais e a disfrutar das subidas, sabendo que despois virían unhas fermosas baixadas que permitirían recuperarme sin perder avance.

hpim0187

A iso da unha da tarde pasei polo desvío que me levaría ata a Hacienda Guadalupe. Esta Hacienda está situada a uns oito kilómetros da estrada principal. Xa decidira non parar ahí, asi que, seguín a viaxe sin determe. Fixen soamente un par de paradas pra descansar. A paisaxe é completamente desértica e nun alto, aproveitei pra tomar unhas fotos da vía do tren, xusto desde a ponte.

hpim0189

As cinco da tarde xa me sentía cansado, asi que tomei un desvío que indicaba o camiño ata a Presa Rodríguez e interneime no deserto un kilómetro aproximadamente. Montei a tenda de campaña, comín unha pouca carne seca, atún e unhas barras de cereais, bebín un Gatorade e consultei o mapa de estradas que levaba comigo. Cando localicei no mapa o punto donde me atopaba, calculei que me faltaban uns cuarenta kilómetros pra chegar a Cd. Castaños, xa preto de Monclova. O que parecía imposible, ó final cumplíase. Recuperara kilómetros e cada vez estaba mais preto de chegar en catro días. Agora todo dependía do último día.

natenda

Día 2 - 46 km aprox. (0)

Posted 8 Febreiro, 2009 in Cicloturismo

Levanteime tarde. Durmín bastante ben, pois estaba bastante cansado. Despertei un par de veces na noite pero seguin durmindo. Digo que me levantei tarde, pero serían as oito e media da mañá cando escomencei a recoller todo. Levoume unha hora ter todo listo pra segui-la viaxe. Almorcei uns cereais e unhas barras de avea con mermelada de fresa. Fai vento e o peor de todo e que o teño de frente. Non coñezo o camiño, pero teño o presentimento de que non vai ser sinxela a etapa de hoxe. Vou costa abaixo uns tres kilómetros ata que chego a Icamole. A partir de ahí todo é subida ata Paredón. Non son subidas moi pendientes, pero non podo parar de darlle aos pedais se quero avanzar, e tal e como o imaxinei, todo o camiño teño o vento de frente.

hpim0093

hpim0102

Toda a etapa fun co plato pequeno e o piñón grande, coma se estivera subindo un porto de montaña. Nembargantes, era a única forma de poder avanzar. Na metade da nada, vin unha ermita pintada de amarelo alaranxado. Fixen unha parada pra recupera-lo alento e hidratarme un pouco. A mañá pasa e non avanzo moito, pero nada podo facer ao respecto. Tras uns vinte minutos de descanso, continúo ata as termas de San Joaquín e de ahí ata Paredón donde chego a iso das duas cuarenta e cinco da tarde.

hpim0103

hpim0125

Cheguei a Paredón co bandullo valeiro e unha fame de carallo. Consumín moitas enerxías durante o traxecto, asi que parei no pobo, donde comín un polo asado e bebín unha coca-cola. O nacho que vendía os polos díxome que tiña que seguir ata o pobo de Fraustro e despois ainda me quedaban trinta e pico de kilómetros ata a estrada Saltillo-Monclova. Agradecinlle ao nacho e continuei a viaxe subindo costas ata uns seis ou sete kilómetros despois de este último pobo. Busquei un sitio pra acampar e a montar o tinglado de novo.

hpim0153

hpim0164

Hoxe foron menos kilómetros, pero o esforzo foi moito por culpa do vento. Tardei unha hora en montar todo e, curiosamente cando fiquei de monta-la tenda, o vento deixou de soplar. Non conseguin chegar a Hda. Guadalupe. Isto desanimoume un pouco, pero ainda podía chegar no plazo establecido se as estradas estaban boas e o vento, en vez de perxudicarme me axudaba. A terceira etapa sería decisiva e, ainda que non o sabía, ia encontrarme cunha sorpresa agradable.

« Previous

BUSCAR


NAVEGAR