Mina e Hidalgo (Nuevo León) (0)

Posted 9 Abril, 2009 in Hiking

Seguín camiñando e disfrutando da paisaxe árida. As paradas pra descansar son cada pouco tempo. Teño que beber auga pra non deshidratarme e non hay nenguha sombra donde “refrescarme un pouco”. Sinto a tentación de molla-la cabeza, pero tamén sei que non debo facelo. Cada vez, a mochila pesa mais.

O camiño ten algunhas subidas, pero poucas baixadas. ¡Cómo me gustaría ter un reloxio desos que che din a altitude, presión atmosférica e toda a cousa!. Non vexo vívoras de cascabel. Coa calor que fai morrerían, asi que de seguro han de estar nas suas covas, á sombriña. O que si vin foi un par de lagartos e un correcamiños. Os zopilotes nin merece que os poña xa que esas aves de rapiña están por todo-los lados, incluso na cidade. Chámame a atención un lugar que atopo de repente preto da estrada. Parece un comedeiro de coyotes. Hay un cráneo de cabalo, pelo e un can comido. Este último non debe levar moito tempo morto, xa que non cheira nin ten vermes. Supoño que o pelo ha de ser del. 

Manteño o meu rumbo en dirección leste. Non debe de faltar moito pra chegar a cabeceira do concello, xa que no horizonte podo ver alguns coches que circulan en dirección Norte-Sur e viceversa. Esa debe se-la estrada Monterrey-Monclova. Calculo que me faltan uns catro ou cinco kilómetros pra chegar a Mina e de ahí uns dez ou once ata Hidalgo. Non e moi tarde, asi que tomo as últimas fotos do deserto, gardo as cámaras e enfilo o camiño a paso rápido.

Paso por Mina un pouco antes das duas da tarde. Non tomo fotos, xa que non quero perder tempo e, ademais, vou seguindo unha estrada con tráfico. Por outro lado, o pobo non ten moito que ver, e o pouco que ten, obrigaríame a internarme nel, asi que sigo sin determe. Nun par de horas (as catro da tarde) chego a praza principal do pobo de Hidalgo. Estou empapado en sudor. A un lado da praza está a estación de autobuses, a catro kilómetros está Potrero Chico. Se fose mais noite, posiblemente seguiría ate o potrero coa seria intención de acampar, pero como ainda é cedo, compro unha limonada fresquiña e un billete de autobús pra Monterrey, que sae media hora despois.

Pois así fica esta aventura. Collín o autobus e unha hora e media despois estaba na casa. Foi entonces cando me din conta dos estragos do sol, da necesidade de usar protector solar e do que me doían as pernas. Non teño nada en mente pra a seguinte aventura. En Mina, ainda me queda por ver un lugar, tamén no deserto, donde hay uns petroglifos supostamente feitos polos indíxenas que habitaban estas terras fai centos de anos, pero xa veremos cando me decido a ir de novo por esos rumbos.

Deica logo.

 

 

La Hacienda del Muerto (0)

Posted 9 Abril, 2009 in Hiking

A “Hacienda de San Antonio de Arista”, hoxe coñecida como “Hacienda del Muerto” está situada na metade do deserto de Mina. Queda en pe o que un día foi a igrexa, xa que do resto das construccións so se manteñen as paredes. Cheguei a este lugar a iso das dez e media da mañá ou quizáis as once menos cuarto. Nos arredores non hay nada mais que terra, calor e algunhas prantas desérticas. Nembargantes encontrei xente. Uns sacaban fotografías do lugar mentras que outros traballaban na reconstrucción do sitio, xa que existe un proxecto de restauración financiado polo Estado de Nuevo León.

E un pouco complicado encontrar a historia desde lugar tanto en internet coma fora de internet. Existe un libro editado pola Universidade Autónoma de Nuevo León (U.A.N.L), pero parece ser que está descatalogado. Ainda así, e a groso modo, direi que a facenda foi próspera no século dezanove, chegando a sembrar fabas e outras leguminosas no árido lugar e dándo traballo a bastante xente. Coa chegada da revolución, por desgracia, “La Hacienda” encontrou un tráxico final. Existen varias historias ou lendas que falan, por exemplo, de que ao propietario da facenda o asasinaron nos anos revolucionarios. Supostamente o aforcaron ahí mesmo, permanecendo o corpo do nacho tanto tempo colgado que a sua cabeza, ó final, desprendeuse do corpo. Tamén contan que no Concello de García existía un Mosteiro donde un cura e unha monxa mantiñan relacións sexuais. Cando os superiores se diron conta, mandáronos coma nunha especie de desterro a “La Hacienda”, donde cos anos, a monxa voltouse tola e asasinou ó cura, suicidándose de desesperación tempo despois. Debido a isto, hoxe vai moita xente ao lugar a investigar, xa que contan que a pantasma da monxa deambula polas noites, quizáis buscando o espírito do seu namorado. Outra das lendas di que un reximento de revolucionarios completo morreu no lugar nunha soa noite. Contan que a morte se produxo por unha epidemia que xa traían, mais outras línguas afirman que en realidade, morreron acribillados. O certo e que o lugar é extrano e desperta a curiosidade do visitante.

Deixei as ruinas de “La Hacienda del Muerto” a iso das once e media e comencei a camiñar ata a cabeceira do concello. A mochila pesa bastante agora e non tardo en sudar coma un porco (e un decir porque non sei se os porcos sudan :) ). Ainda me quedan bastantes kilómetros por percorrer, moitas fotos que tomar e moitos groliños de auga que beber. O sol queima, e o mercurio do meu termómetro de campaña, marca cuarenta e seis grados.

Ata a próxima :)

 

Inicio da viaxe (0)

Posted 2 Abril, 2009 in Hiking

Saín as oito da mañá do pobo de Icamole (Concello de García). Este é un pobo pequeno, de apenas 180 habitantes, ainda que ten unha boa historia da época da revolución mexicana que quizáis conte algún día. Levaba comigo unha mochila con todo o necesario pra acampar se así se precisase, auga, a cámara de fotos e a bota de viño, coma bo galego. O sol brilaba desde cedo e facía un pouco de vento. A idea era chegar ata “La Hacienda del Muerto”, unha construcción anterior a revolución que hoxe está en ruinas. Este lugar encóntrase na metade do deserto de Mina; un lugar árido e duro, donde o sol vóltase implacable con aquel que o pretende atravesar. Si, e duro, mais non imposible :)

Os primeiros kilómetros transcurriron pausados. Pasei polo cemiterio de Icamole e cheguei a un río. As veces sorpréndome de encontrar paisaxes verdes no deserto. O concepto de que é case imposible atopar auga no deserto parece esvaecerse cando podes ver o vital líquido en cantidade no medio da terra árida, e xunto a esta, prantas verdes; pero o certo e que a realidade é distinta. Ousexa, realmente é difícil atopar auga no deserto.

Parei a tomar unhas fotos e un groliño de auga e seguín avanzando. O camiño polo que vou é de terra pero uns kilómetros mais adiante vóltase asfalto, cuestión esta que non me gusta nadiña, xa que acabas por queima-los pes e pódenche saír ámpulas. Rezo pra que a estrada se convirta de novo nun camiño de terra, pero non teño sorte, asi que, sigo adiante, disfrutando da paisaxe, tomando fotos aquí e alá e hidratándome tanto como podo. O sol non parece quentar moito, pero o certo e que so é unha impresión, xa que o vento continúa soplando, minimizando a sensación térmica real. De vez en cando consulto o mapa que levo comigo, xa que o primeiro descanso en condicións será en “La Hacienda del Muerto”, unhas ruínas na metade da nada cheas de historia, lendas e misterio. Xa casi chego, pero antes, outro groliño de auga :)

 

Camiñata polo deserto de Mina, N.L. (0)

Posted 29 Marzo, 2009 in Hiking

Non teño moi claro cantos kilómetros son. A imposibilidade de conseguir un mapa bo, obrigoume a traza-la ruta desta camiñana co programa Google Earth. Na versión 4.3 Pro, sáenme 42 Km, mentras que na beta da versión 5.0, sáenme 32 km. O único que sei é que saín onte desde a localidade de Icamole as oito da mañá e cheguei a Hidalgo as catro da tarde. Andiven baixo o típico sol do deserto, facía un pouco de aire e acabei bastante cansado, con algo de dor nas pernas, a cara medio queimada e chea de graniños de sal, polo sudor, e cunha aventura mais no saco.

Aqui deixo a imaxe do percorrido. (Fai click pra ampliala)

As fotos, coma sempre, xa están na sección de fotos. Podes deixar comentarios alí e mais aquí no blog. Espero que che gusten as imaxes. A crónica escribireina mais tarde, ou quizáis mañá ou pasado (Xa veremos).

Deica logo.

 

BUSCAR


NAVEGAR