Vídeo de Potrero Chico (0)
Posted 10 Marzo, 2009 in Xeral
Tal e como dixen no post anterior, aqui deixo o vídeo que tomei o domingo no Potrero Chico. Coma sempre, a calidade non se compara co vídeo orixial, pero menos e nada. Espero que vos guste e que o disfrutedes.
…
…
Potrero Chico (0)
Posted 9 Marzo, 2009 in Xeral
Onte estiven no Potrero Chico, na localidade de Hidalgo (Nuevo León). Potrero Chico e un parque recreativo donde a xente do pobo de Hidalgo vai xeralmente os domingos facer carne asada e a pasa-lo día con amigos e familiares. Tamén e un dos millores sitios do mundo pra facer escalada en roca e, dende Outubro ata Marzo está cheo de escaladores de todo o mundo que veñen aquí a praticar o seu deporte favorito.
Eu fun porque está moi preto de Monterrey, e porque quería ver a posibilidade de facer unha camiñata saíndo de Hidalgo e collendo rumbo a La Hacienda del Muerto, que está a uns vintecatro kilómetros de distancia, xa no municipio de Mina (Nuevo León). O asunto é que xa vin que isto non era posible, pois non se pode atravesa-lo Potrero en dirección norte, asi que terei que buscar unha alternativa pra poder visitar estas ruinas de “La Hda. del muerto”.
Tomei algunhas fotos no Potrero Chico. O día estivo nublado, asi que non había moita xente. Nembargantes, encontreime con varios escaladores aos que tiven a oportunidade de fotografiar e filmar en vídeo. As fotos xa se poden ver na sección de fotos e o vídeo ainda teño que editalo. Con seguridade, entre mañá e pasado vouno subir a Youtube e despois enlazareino cun novo post neste sitio. Mentras tanto, aqui deixo unha probadiña.
Deica logo.
…
…
O acuario actual (0)
Posted 2 Marzo, 2009 in Xeral
Este e o meu acuario. Xa non e unha peceriña cativa, senon que se trata dunha peceira duns 200 litros aproximadamente. Ahí conviven varios tipos de goldfish, un Peixe Anxo e unha Coliza Vermella e outra Azul. O vídeo e outro experimento montado con Power Director. Espero que vos guste, ainda que, a calidade, coma sempre perde bastante en canto se convirten os vídeos a formato .flv pero nada se pode facer.
…
…
O sillín pirola (0)
Posted 26 Xaneiro, 2009 in Xeral
A miña bicicleta trae o sillín que se ve na foto. Non é coña, pero parece a pirola dun negro cos seus respectivos ovos. E encima de todo é duro como a puta que o pareu. Non sei como alguén pode estar sentado sobre semellante trasto e aguantar. O caso é que xa o sustituín por outro moito máis ancho e cómodo. Alguén posiblemente pense que teño o cu moi fino, pero podo asegurarlle que ainda que tivera callos nel, o asiento ía cambialo. Son bastantes kilómetros os que me esperan e, a verdade, non me atrae nada a idea de ter que ir sentado todo o tempo sobre un sillín coma este, asi que, a tomar polo cu o asiento. Non só teño que coidar dos ollos da cara, o ollo do cu tamén é importante, ¿ou non?

Gafas de sol graduadas (0)
Posted 26 Xaneiro, 2009 in Equipamento, Xeral
Vaise achegando o día de saír de viaxe e xa estou finando os detalles. Hoxe fun co oculista pra facer unha revisión rutinaria, de esas que se fan unha vez ao ano. O carallo e que me aumentou a miopía en .25 en cada ollo. De ter 0.75 agora teño 1.00 asi que vou ter que cambiar os cristais das gafas de ver. Aproveitando que andaba nunha praza comercial donde hay bastantes tendas, escaparates e comercios, fun ver as gafas de sol. Vin unhas que me gustaron, tanto estéticamente coma no prezo, asi que as comprei. Claro, esas gafas non me sirven de nada se non se graduan, asi que fun de novo co oculista e fíxome un presuposto polas micas. Pensei que me ían saír mais caras, pero non, o prezo gustoume. Díxome o nacho que as vai ter listas pra este xoves, asi que, a ver qué tal quedan. O deserto ten a particularidade de que reflexa os raios do sol na terra e na area coma se fose unha especie de espello, e co paso do tempo iso acaba por escarallarte, asi que hay que protexe-la vista destes inconvenientes.
Probando esta cousa (0)
Posted 24 Xaneiro, 2009 in Xeral
Pois esta e a primeira nota que escribo, a modo de proba e tras instalar o wordpress en galego. Foi unha sorpresa encontrar este blog xa traducido e listo para descarga, xa que non sabía da sua existencia. Polo tanto, en canto o vin, decidín baixalo e instalalo, pensando que sería unha boa idea manter o meu blog na língua da miña terra. Estou seguro que moita xente que chegue a este sitio non vai entender nada ou casi nada, sobre todo os meus conciudadanos actuais, pero xa decidín que este non será un blog para a xente de fala en castelán.
O día de hoxe, queda inaugurado este o meu sitio. Unha disculpa para todos aqueles que non entendan o seu contido, pero neste caso, este e un sitio para a miña xente e para min, que non e pouco.
Saúdos a todo-los que me visitan.
Oscar.

BUSCAR
NAVEGAR
PAXINAS
- Budismo (1)
- Cicloturismo (14)
- Equipamento (3)
- Hiking (4)
- Literatura (1)
- Montaña (6)
- Paracaidismo (1)
- Xeral (6)
- Xuño de 2009 (2)
- Maio de 2009 (3)
- Abril de 2009 (5)
- Marzo de 2009 (8)
- Febreiro de 2009 (11)
- Xaneiro de 2009 (5)
- Bicicletos
- Carlos Pauner
- Carlos Soria
- Daniel Martin
- Dominic Gill
- Edurne Pasabán
- Isidro Juvé
- Juan M. Rodríguez
- Juanito Oiarzábal
- Pérez de Tudela
- Rodadas
- Sociedade Xeográfica Española