A cova das vacas mortas (0)

Posted 28 Xaneiro, 2009 in Literatura

Pedino por internet e xa chegou, xunto con dous libros mais, tamén en galego. Mandeinos pedir a unha librería de Vigo, e chegaron axiña, seis ou sete días despois de pedilos. Dende onte, estiven a busca-lo libro que me acompañará na aventura de Cuatro Ciénegas, pois quizáis despois de prender un bo lume, cear e tomar un café, apetézame ler un pouco, e xa fai un bo que non leo en galego. A cova das vacas mortas será o título afortuado que terá a boa sorte de acompañarme. Estou casi certo que non me vai decepcionar, pero ainda teño que leelo. Xa contarei aquí as miñas impresións sobre esta obra.

jaureguizar

O sillín pirola (0)

Posted 26 Xaneiro, 2009 in Xeral

A miña bicicleta trae o sillín que se ve na foto. Non é coña, pero parece a pirola dun negro cos seus respectivos ovos. E encima de todo é duro como a puta que o pareu. Non sei como alguén pode estar sentado sobre semellante trasto e aguantar. O caso é que xa o sustituín por outro moito máis ancho e cómodo. Alguén posiblemente pense que teño o cu moi fino, pero podo asegurarlle que ainda que tivera callos nel, o asiento ía cambialo. Son bastantes kilómetros os que me esperan e, a verdade, non me atrae nada a idea de ter que ir sentado todo o tempo sobre un sillín coma este, asi que, a tomar polo cu o asiento. Non só teño que coidar dos ollos da cara, o ollo do cu tamén é importante, ¿ou non?

:)

hpim00471

Gafas de sol graduadas (0)

Posted 26 Xaneiro, 2009 in Equipamento, Xeral

Vaise achegando o día de saír de viaxe e xa estou finando os detalles. Hoxe fun co oculista pra facer unha revisión rutinaria, de esas que se fan unha vez ao ano. O carallo e que me aumentou a miopía en .25 en cada ollo. De ter 0.75 agora teño 1.00 asi que vou ter que cambiar os cristais das gafas de ver. Aproveitando que andaba nunha praza comercial donde hay bastantes tendas, escaparates e comercios, fun ver as gafas de sol. Vin unhas que me gustaron, tanto estéticamente coma no prezo, asi que as comprei. Claro, esas gafas non me sirven de nada se non se graduan, asi que fun de novo co oculista e fíxome un presuposto polas micas. Pensei que me ían saír mais caras, pero non, o prezo gustoume. Díxome o nacho que as vai ter listas pra este xoves, asi que, a ver qué tal quedan. O deserto ten a particularidade de que reflexa os raios do sol na terra e na area coma se fose unha especie de espello, e co paso do tempo iso acaba por escarallarte, asi que hay que protexe-la vista destes inconvenientes.

Preparativos para “Cuatro Ciénegas” (0)

Posted 25 Xaneiro, 2009 in Cicloturismo

Aproveitando que o vindeiro venres non traballo e que o luns día dous de Febreiro tampouco porque é festivo, decidín facer unha viaxe ao veciño estado de Coahuila, mais concretamente ao pobo de “Cuatro Ciénegas”. Os arredores desta poboación son moi fermosos, comparáveis coas Illas Galápagos en canto a diversidade biolóxica, según din, pero as fotografías que puiden ollar na internet así o confirman. Xa teño a bicicleta preparada, as mochilas cheas de cousas, un pequeno botiquín, o coitelo de monte, ferramenta por si se escaralla unha roda, comida, auga e douscentos e pico de kilómetros de deserto por diante. Claro, isto non é todo, porque xa vos podedes imaxinar que tamén levo a tenda pra acampar, o saco de durmir e unhas cantas cousas mais, como mapas, compás, un GPS incorporado no móvil, mistos pra facer lume, corda e varias cousas mais de carácter imprescidible. Teño ganas de que chegue o día de saír, de esquecer todo o que teña que ver coa cidade e co choio, de poñerme roupa deportiva e de vivir unha aventura que, con seguridade, será única. Si, tamén teño ganas de cheirar a castrón doente durante eses catro días, de non ter que afeitarme e de cagar de campo, coma cando estaba na mili ou alá na aldea, preto de Aranga. Pode parecer gracioso, pero o certo e que as cidades estresan de carallo, e de cando en vez, agradécese un pouco de liberdade, donde facer o de todolos días non é o mais apropiado se queremos saír da rutina.

Pois ben, hoxe acomodei as mochilas na bicicleta, a tenda de campaña e o saco de durmir. Todo parece estar ben asegurado, pero ainda queda facer unha proba preto de aquí con toda a carga pra asegurarme de que podo darlle ben ós pedais e que non se meta nada no medio das rodas. A finais desta semana (o xoves seguramente), ficarei de cargar toda a metralla no meu vehículo de tracción animal :) pra non perde-lo tempo o venres e poder así saír cedo, antes de que o fervor do sol aprete.

Pois estade atentos a este blog, xa que irei publicando aquí o día a día da viaxe, xunto con algunhas fotografías dos paisaxes que vaia recorrendo que, ainda que non o coñezo, imaxino que consistirá en area, pedras e cáctus.

Deica logo.

Probando esta cousa (0)

Posted 24 Xaneiro, 2009 in Xeral

Pois esta e a primeira nota que escribo, a modo de proba e tras instalar o wordpress en galego. Foi unha sorpresa encontrar este blog xa traducido e listo para descarga, xa que non sabía da sua existencia. Polo tanto, en canto o vin, decidín baixalo e instalalo, pensando que sería unha boa idea manter o meu blog na língua da miña terra. Estou seguro que moita xente que chegue a este sitio non vai entender nada ou casi nada, sobre todo os meus conciudadanos actuais, pero xa decidín que este non será un blog para a xente de fala en castelán.

O día de hoxe, queda inaugurado este o meu sitio. Unha disculpa para todos aqueles que non entendan o seu contido, pero neste caso, este e un sitio para a miña xente e para min, que non e pouco.

Saúdos a todo-los que me visitan.

Oscar.

bandeira_galega

BUSCAR


NAVEGAR