La Hacienda del Muerto

Posted 9 Abril, 2009 in Hiking

A “Hacienda de San Antonio de Arista”, hoxe coñecida como “Hacienda del Muerto” está situada na metade do deserto de Mina. Queda en pe o que un día foi a igrexa, xa que do resto das construccións so se manteñen as paredes. Cheguei a este lugar a iso das dez e media da mañá ou quizáis as once menos cuarto. Nos arredores non hay nada mais que terra, calor e algunhas prantas desérticas. Nembargantes encontrei xente. Uns sacaban fotografías do lugar mentras que outros traballaban na reconstrucción do sitio, xa que existe un proxecto de restauración financiado polo Estado de Nuevo León.

E un pouco complicado encontrar a historia desde lugar tanto en internet coma fora de internet. Existe un libro editado pola Universidade Autónoma de Nuevo León (U.A.N.L), pero parece ser que está descatalogado. Ainda así, e a groso modo, direi que a facenda foi próspera no século dezanove, chegando a sembrar fabas e outras leguminosas no árido lugar e dándo traballo a bastante xente. Coa chegada da revolución, por desgracia, “La Hacienda” encontrou un tráxico final. Existen varias historias ou lendas que falan, por exemplo, de que ao propietario da facenda o asasinaron nos anos revolucionarios. Supostamente o aforcaron ahí mesmo, permanecendo o corpo do nacho tanto tempo colgado que a sua cabeza, ó final, desprendeuse do corpo. Tamén contan que no Concello de García existía un Mosteiro donde un cura e unha monxa mantiñan relacións sexuais. Cando os superiores se diron conta, mandáronos coma nunha especie de desterro a “La Hacienda”, donde cos anos, a monxa voltouse tola e asasinou ó cura, suicidándose de desesperación tempo despois. Debido a isto, hoxe vai moita xente ao lugar a investigar, xa que contan que a pantasma da monxa deambula polas noites, quizáis buscando o espírito do seu namorado. Outra das lendas di que un reximento de revolucionarios completo morreu no lugar nunha soa noite. Contan que a morte se produxo por unha epidemia que xa traían, mais outras línguas afirman que en realidade, morreron acribillados. O certo e que o lugar é extrano e desperta a curiosidade do visitante.

Deixei as ruinas de “La Hacienda del Muerto” a iso das once e media e comencei a camiñar ata a cabeceira do concello. A mochila pesa bastante agora e non tardo en sudar coma un porco (e un decir porque non sei se os porcos sudan :) ). Ainda me quedan bastantes kilómetros por percorrer, moitas fotos que tomar e moitos groliños de auga que beber. O sol queima, e o mercurio do meu termómetro de campaña, marca cuarenta e seis grados.

Ata a próxima :)

 

Your comment:

BUSCAR


NAVEGAR