Camiñata polo deserto de Mina, N.L. (0)
Posted 29 Marzo, 2009 in Hiking
Non teño moi claro cantos kilómetros son. A imposibilidade de conseguir un mapa bo, obrigoume a traza-la ruta desta camiñana co programa Google Earth. Na versión 4.3 Pro, sáenme 42 Km, mentras que na beta da versión 5.0, sáenme 32 km. O único que sei é que saín onte desde a localidade de Icamole as oito da mañá e cheguei a Hidalgo as catro da tarde. Andiven baixo o típico sol do deserto, facía un pouco de aire e acabei bastante cansado, con algo de dor nas pernas, a cara medio queimada e chea de graniños de sal, polo sudor, e cunha aventura mais no saco.
Aqui deixo a imaxe do percorrido. (Fai click pra ampliala)
…
…
As fotos, coma sempre, xa están na sección de fotos. Podes deixar comentarios alí e mais aquí no blog. Espero que che gusten as imaxes. A crónica escribireina mais tarde, ou quizáis mañá ou pasado (Xa veremos).
Deica logo.
Tramo 3 (Zuazua - Higueras) (0)
Posted 23 Marzo, 2009 in Cicloturismo
Ao final do pobo de Zuazua comeza a estrada que me levará ata Higueras. Eu non o sabía, pero este camiño atópase en moi boas condicións e casi non hay tráfico. Nembargantes, atopei algúns inconvenientes: é casi todo costa arriba e hay bastantes vacas pacendo na beira da estrada, asi que teño que ir con un pouco de cuidado.
…
…
Preto das duas da tarde, chego a Higueras. Leveino con calma durante o traxecto, parando a tomar fotos e a disfrutar da paisaxe. A medida que vou subindo ata este pobo, vai facendo mais frío, pero por sorte, dende que saín de San Nicolás, non atopei choiva. Isto cambiou no intre que me sentei na entrada do pobo a descansar un pouco. Faltábanme so catro kilómetros pra chegar a La Laguna, e nese intre comenzaron a caer gotas de auga, predecindo o inevitable. Non tiven mais remedio que montar de novo na bicicleta e seguir camiño, nun intento de ganarlle terreo á choiva. Nin que decir que non o conseguín.
…
…
Ao camiño que vai ata La Laguna aquí chámanlle de terracería (ousexa, de pedras e terra). Chovendo non e transitable pra un coche normaliño, ainda que sí pasan camionetas e jeeps. A dous kilómetros da estrada principal, teño que atravesar un río (pola ponte, claro) e despois seguir entre a lama ata a lagoa, donde fica a miña viaxe. O lugar e bonito. Ten árbores, camiños, auga, patos e durante a noite recibes a visita de cabalos e vacas que pacen ó derredor da tenda de campaña, cagándose, berreando e tocando o carallo cos cencerros. Pero supoño que iso forma parte da aventura asi que, o millor e non queixarse.
…
…
Non se pode dicir que pasei moi boa noite, debido ó que dixen con anterioridade dos animais. A miña teoría e que éstes buscan estar preto da xente cando cae a noite, xa que na Laguna hay duas casas e ten iluminación pública. Nos montes de por aquí hay depredadores (oso negro e puma) asi que penso que, ainda que é improvable que ataquen a xente, non é tan improvable que ataquen a estes animais, e como o medo e libre, pois estes achéganse preto da humanidade. Isto é a miña teoría, mais non sei se estarei certo con ela.
Ben, pois isto e todo polo momento. A viaxe de volta a San Nicolás tamén foi na bicicleta. As subidas do día anterior convertíronse en baixadas, non oubo choiva e todo saíu moi ben. Xa estou pensando na seguinte aventura que, posiblemente sexa a La Hacienda del Muerto, en Mina, N.L. O mais seguro é que vaia camiñando xa que, unha parte do recorrido (ata Icamole) xa o fixen na bicicleta cando fun a Cuatrociénegas, asi que non me apetece repetir. Pero xa veremos ao final qué fago.
Deica logo.
Tramo 2 (Aguafria - Zuazua) (0)
Posted 19 Marzo, 2009 in Cicloturismo
A estrada entre Aguafría e Zuazua está bastante ben, pero ten un gran problema: Non hay arcén. Isto e o que convirte a veces ao cicloturismo nun deporte extremo, sobre todo se temos en conta que cada pouco tempo adiantanche camións, trailers e autobuses. Se a isto lle engadimos que estou en México, o deporte da bicicleta convírtese en algo quizáis mais perigoso que o paracaidismo ou o parapente. Ben, o tramo dous fíxeno axiña, parando bastantes veces pra tomar fotos e deixar que o tráfico fora disminuíndo. O frío continúa acompañándome e ten pinta de que vai chover. Na entrada do pobo fago un alto pra tomar un descanso, comprar un Gatorade e uns boliños de chocolate. Ese será o meu almorzo.
…
…
Aproveito pra preguntarlle a un nacho pola estrada entre Zuazua e Higueras. Indícame que vaia ata a praza principal do pobo e que ahi empeza o camiño. Dime que casi todo e costa, pero que o camiño está asfaltado e que casi non hay tráfico. A distancia que separa a Zuazua de Higueras é duns 14 kilómetros. Teño esta alternativa, ou facer uns 30 km mais índome por Marín. Escollo a primeira opción e pedaleo ata a praza, donde paro durante casi cuarenta e cinco minutos pra descansar ben descansado e sacar fotos. O pobo de Zuazua vese tranquilo, coma casi todo-los pobos que non forman parte da área metropolitana de Monterrey.
…
…
Sigue facendo frío, pero neste intre xa so me quedan 14 km pra chegar a Higueras, e unha vez alí, uns catro pra coñecer, por fin La Laguna. Este é o meu careto minutos antes de continua-la viaxe por unha estrada descoñecida pra min, e que me sorprendería pola cantidade de vacas que atopei atravesándoa dun lado a outro, pero iso xa é outra historia.
…
…
Deica logo.
Tramo 1 (San Nicolás - Aguafria) (0)
Posted 17 Marzo, 2009 in Cicloturismo
Era sábado pola mañá. O reloxio marcaba as oito e media cando saín da casa e ollei o ceo. Estaba cuberto de nubes e facía frío, pero non chovía. Saquei a bicicleta da casa e comencei a darlle aos pedais rumbo a Av. Santo Domingo. Non había moito tráfico asi que foi bastante doado chegar ata o Mezquital, xa no concello de Apodaca. Alí, ainda non sei moi ben de donde, saíu un can a toda hostia ladrandolle a bicicleta (ou quizáis a min). Non entendo por qué a os cans lles gusta ladrarlle as bicicletas, pero a min non me gusta nadiña, asi que pra a próxima teño que ve-la forma de que cando me pase iso, poder desfacerme do can rapidamente. Despois duns cantos metros, o can pereceu cansarse e voltou ao seu recuncho. Eu seguía camiño rumbo a estrada dos panteóns (Cemiterios) pra saír despois ao pobo de Apodaca e coller a estrada hacia Aguafría. Tardei pouco mais dunha hora en facer todo o percorrido. Cando deixei atrás a cidade, notei un cambio brusco na temperatura. Xa non tiña o respaldo das casas, asi que penso que esta baixou uns tres ou catro grados. Eu xa ía quente e sudando, ainda que non moito, por sorte. Gustoume o tramo de catro ou cinco kilómetros entre Apodaca e Aguafria. A estrada estivo bastante tranquila de coches e a paisaxe comezou a voltarse verde. O camiño é cha e non hay, polo tanto, subidas nen baixadas. En Aguafría fixen unha parada pra descansar e tomar unhas cantas fotografías. Senteime na praza principal e despois fun ata o río. Quizáis perdín uns cuarenta e cinco minutos alí, pero gustaronme as fotos que fixen. A seguinte tirada ía ser entre Aguafría e Gral. Zuazua.
…
…
…
Viaxe en bicicleta a Higueras, N.L. (0)
Posted 16 Marzo, 2009 in Cicloturismo
Xa fai tempo que quería facer esta viaxe. Neste caso non tiven que planear moito, pois coñecía o pobo en cuestión, mais non “La Laguna”, que está a uns catro kilómetros da cabeceira do concello. O luns 16 e festivo en México, asi que tendo un fin de semana de tres días, decidín que era a oportunidade perfecta pra subirme a bicicleta e facer uns cantos kilómetros. Dacordo cunha guía que encontrei en internet, Higueras encóntrase a uns 60 km da área metropolitana de Monterrey, asi que prepareime con todo o necesario pra recorre-la distancia, pasa-la noite en “La Laguna” e voltar pra cidade ao día seguinte. A idea era saír o sábado cedo e regresar o domingo. De este xeito ainda me quedaría o luns pra descansar. Consultei un mapa e tracei a ruta da viaxe en tres tramos: 1) San Nicolás de los Garza - Agua Fría, 2) Agua Fría - General Zuazua, 3) General Zuazua - Higueras. A idea era coller unha estrada desde Zuazua ata Higueras sin pasar polo concello de Marín, xa que iso faríame dar mais volta. No mapa viña trazada unha estrada que conecta directamente Zuazua con Higueras, pero eu nunca fun por ela, asi que decidín que esa estrada sería o tramo final da aventura. Durante a semana choveu bastante, asi que o único que me impediría saír o sábado cedo sería precisamente a choiva pero, por sorte, isto non sucedeu así. Nembargantes, tiven choiva polo camiño; non moita, pero suficiente como pra mollarme bastante. Por sorte, cando isto sucedeu, xa estaba preto de “La Laguna”. Nos seguintes artigos, irei narrando o mais significativo da viaxe, seguramente contando os detalles de cada tramo. Agora, estou algo cansado, asi que, aquí morre esta nota. Estade pendientes das que veñen e, coma sempre, deixade os comentarios que vos parezan oportunos.
Deica logo.
P.D.: As fotos xa están na sección de Fotos. Espero que vos gusten.
Vídeo de Potrero Chico (0)
Posted 10 Marzo, 2009 in Xeral
Tal e como dixen no post anterior, aqui deixo o vídeo que tomei o domingo no Potrero Chico. Coma sempre, a calidade non se compara co vídeo orixial, pero menos e nada. Espero que vos guste e que o disfrutedes.
…
…
Potrero Chico (0)
Posted 9 Marzo, 2009 in Xeral
Onte estiven no Potrero Chico, na localidade de Hidalgo (Nuevo León). Potrero Chico e un parque recreativo donde a xente do pobo de Hidalgo vai xeralmente os domingos facer carne asada e a pasa-lo día con amigos e familiares. Tamén e un dos millores sitios do mundo pra facer escalada en roca e, dende Outubro ata Marzo está cheo de escaladores de todo o mundo que veñen aquí a praticar o seu deporte favorito.
Eu fun porque está moi preto de Monterrey, e porque quería ver a posibilidade de facer unha camiñata saíndo de Hidalgo e collendo rumbo a La Hacienda del Muerto, que está a uns vintecatro kilómetros de distancia, xa no municipio de Mina (Nuevo León). O asunto é que xa vin que isto non era posible, pois non se pode atravesa-lo Potrero en dirección norte, asi que terei que buscar unha alternativa pra poder visitar estas ruinas de “La Hda. del muerto”.
Tomei algunhas fotos no Potrero Chico. O día estivo nublado, asi que non había moita xente. Nembargantes, encontreime con varios escaladores aos que tiven a oportunidade de fotografiar e filmar en vídeo. As fotos xa se poden ver na sección de fotos e o vídeo ainda teño que editalo. Con seguridade, entre mañá e pasado vouno subir a Youtube e despois enlazareino cun novo post neste sitio. Mentras tanto, aqui deixo unha probadiña.
Deica logo.
…
…
O acuario actual (0)
Posted 2 Marzo, 2009 in Xeral
Este e o meu acuario. Xa non e unha peceriña cativa, senon que se trata dunha peceira duns 200 litros aproximadamente. Ahí conviven varios tipos de goldfish, un Peixe Anxo e unha Coliza Vermella e outra Azul. O vídeo e outro experimento montado con Power Director. Espero que vos guste, ainda que, a calidade, coma sempre perde bastante en canto se convirten os vídeos a formato .flv pero nada se pode facer.
…
…
¿Ten ovos ou está tolo? (0)
Posted 28 Febreiro, 2009 in Paracaidismo
Eu fixen paracaidismo na gloriosa Brigada Paracaidista do Exército de Terra, pero no tempo que pasei alí, nunca nadie se atreveu a facer algo así, e iso que tolos coñecín uns cantos. Xa non sei se isto e de tolos ou e de xente con ovos, pero vale a pena ver o vídeo. Xuzga e disfruta.
…
…
Multimedia (0)
Posted 22 Febreiro, 2009 in Cicloturismo
Fixen un experimento con algunhas fotos da viaxe a Cuatrociénegas. Definitivamente a calidade non e boa, pero Youtube so permite arquivos de 10 minutos de duración, asi que tiven que depurar algunhas imaxes. Por outro lado, o arquivo de vídeo resultante non pode ser moi pesado en canto a MB, xa que canto mais pesado sexa, mais tarda en subir ao servidor de Youtube, asi que tiven que facer un pequeniño co seguinte resultado:
O arquivo orixial ten unha calidade de carallo e xa o teño gardado nun DVD pra velo na televisión. Ben, pois so queda dicir que a música e de Luar na Lubre, que por certo, tamén me acompañou na viaxe, entre outras bandas.
Ta lojo.
« Previous Next »BUSCAR
NAVEGAR
PAXINAS
- Budismo (1)
- Cicloturismo (14)
- Equipamento (3)
- Hiking (4)
- Literatura (1)
- Montaña (6)
- Paracaidismo (1)
- Xeral (6)
- Xuño de 2009 (2)
- Maio de 2009 (3)
- Abril de 2009 (5)
- Marzo de 2009 (8)
- Febreiro de 2009 (11)
- Xaneiro de 2009 (5)
- Bicicletos
- Carlos Pauner
- Carlos Soria
- Daniel Martin
- Dominic Gill
- Edurne Pasabán
- Isidro Juvé
- Juan M. Rodríguez
- Juanito Oiarzábal
- Pérez de Tudela
- Rodadas
- Sociedade Xeográfica Española
